Axenda

CONCURSO DE DISFRACES: ENTROIDO 2021
O Concello de Outes convoca un concurso de disfraces para este Entroido.
Para cumprir coas actuais restricións sanitarias e garantir a saúde da poboación, o concurso farase de maneira virtual. As persoas interesadas en participar deberán disfrazarse e sacar unha foto que despois enviarán ao enderezo electrónico informaticos@outes.gal ou entregarán no rexistro xeral do concello. O prazo remata o 14 de febreiro.