Axenda

Gallery imx axenda defronte

CAMPAÑA DE FRONTE Á VIOLENCIA DE XÉNERO

O Concello de Outes ven de adherirse á campaña DE FRONTE á violencia de xénero creada desde a Área de Igualdade da Deputación da Coruña, manifestando unha vez máis o compromiso coa igualdade e a erradicación da violencia de xénero.

A través da páxina web específica da campaña https://defronte.gal pódese acceder á información sobre o proxecto e a unha serie de actividades de sensibilización nesta materia.

Animamos ás entidades do tecido social, educativo e empresarial e a toda a cidadanía a participar activamente na mesma.

 Ver cartel da campaña