Axenda

Gallery imx campo voluntariado

CAMPO DE VOLUNTARIADO DE OUTES: LEMBRANDO A NOSA PEGADA

O Concello de Outes e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado organizan o Campo de voluntariado de Outes: lembrando a nosa pegada.

Esta actividade, para mozos e mozas de 18 a 30 anos, buscará a posta en valor das áreas onde se atopan os gliptógrifos de Carballa da Cova e os petróglifos de Fontemoureira.

Máis información e solicitudes de praza:  http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran/8841-oferta-campos-de-traballo-en-galicia-2020