Axenda

Gallery imx desplastificate

5 DE XUÑO, DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente. Foi establecido pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas con motivo do primeiro Cumio Mundial sobre medio ambiente que tivo lugar en Estocolmo en 1972.

Este ano as Nacións Unidas propoñen como tema a biodiversidade, facendo un chamamento á acción para combater a acelerada perda de especies e a degradación do mundo natural. Unha das accións que propoñen aos cidadáns e cidadás é evitar mercar plásticos dun só uso. Os residuos plásticos que rematan na natureza a miúdo son confundidos con alimentos polos animais tanto na terra coma no mar. Os plásticos poden causar lesións graves a diversas especies e incluso a morte.
Para saber máis sobre isto:  https://www.worldenvironmentday.global/es

Con motivo deste día de celebración, SOGAMA lanza a campaña "Desplastifícate: di non aos plásticos de usar e tirar" á que nos unimos dende o Concello de Outes.

Páxina da campaña de SOGAMA