Axenda

Gallery imx bando

BANDO: ESTADO DE ALARMA POLA CRISE SANITARIA OCASIONADA POLO COVID-19

Manuel González López, alcalde do Concello de Outes, fai saber que por mor do REAL DECRETO 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo covid-19, desde a alcaldía do Concello adoptouse a seguinte resolución:

  • PROCEDER Ó PECHE DAS DEPENDENCIAS MUNICIPAIS, AGÁS PARA A PRESTACIÓN DOS SEGUINTES SERVIZOS ESENCIAIS:
    1. Oficina central de rexistro
    2. Servizos sociais – SAF
    3. Brigada municipal de obras e servizos
    4. Servizo de limpeza municipal
    5. Policía Local

Nestes servizos, unicamente serán atendidas, de 9:00 a 14:00 horas, aquelas persoas que, por razóns de urxencia, obteñan cita previa, no teléfono 981 850 003.

Lémbraselle á cidadanía a posibilidade de facer tódalas súas xestións e trámites administrativos de xeito online, por medio da sede electrónica do Concello:  https://outes.sedelectronica.gal

  • SUSPENDER OS TÉRMINOS E INTERROMPER OS PRAZOS PARA A TRAMITACIÓN DOS PROCEDEMENTOS ADMINIS-TRATIVOS. O SEU CÓMPUTO REANUDARASE NO MOMENTO NO QUE PERDA VIXENCIA A DECLARACIÓN DE ESTADO DE ALARMAN OU, NO SEU CASO, AS PRÓRROGAS DO MESMO.
  • MANTER AS MEDIDAS ANTERIORMENTE ADOPTADAS:
    1. Suspensión das actividades deportivas, culturais, sociais, etc… organizadas ou autorizadas polo concello.
    2. Peche ó público das seguintes instalacións municipais: Punto de atención á infancia; Casa da cultura; Complexo deportivo municipal e piscina; Pavillóns municipais da Serra e do Cruceiro de Roo, Campo de futbol do Cunchido, Centro Náutico do Freixo, Centros socioculturais. 
    3. Suspensión da celebración de mercadiños ou feiras en vías públicas do concello.

PRÉGASE COMPRENSIÓN E PRECAUCIÓN NAMENTRES DURE ESTA MEDIDA.

Descargar bando