Axenda

Gallery img campamento entroido 2020

CAMPAMENTO “TEMPO DE ENTROIDO”

O Concello de Outes, a través do Centro de Información ás Mulleres quere convidar a tódolos nenos e nenas, de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos a participar no Campamento “TEMPO DE ENTROIDO”, que se desenvolverá os días, 24 e 25 de febreiro, en horario de 8:00  a 16:00 h, no edificio autónomo do CEIP de Outes.

As familias poderán facer uso do servizo en función das súas necesidades, permitindo a entrada e saída flexibles.

Para o bo desenvolvemento das actividades programadas, recoméndase a aquelas familias que non vaian a facer uso do horario completo do campamento, incorporarse a o mesmo sobre ás 10:00 h e saída a partir da 13:30 h.

As nenas e nenos terán opción de almorzar e xantar no servizo, sendo as familias as encargadas de aportar os alimentos.

O número de prazas é de 30, por rigorosa orde de inscrición.

Información e inscrición do 3 ao 19 de febreiro, no Centro de Información ás Mulleres de Outes, Praza do Bosque, en horario de 9:00 a 14:00 horas, teléfono 981850949