Axenda

Gallery foto fitur 2020

OUTES ESTIVO PRESENTE EN FITUR 2020

O concello de Outes, xunto cos demais concellos da Ría, participou na edición anual da Feira Internacional de Turismo de Madrid 2020 (FITUR).

O alcalde, Manolo González, participou nunha presentación do xeodestino da Ría da Estrela que este ano se centrou nas múltiples posibilidades que ofrece o noso territorio para a práctica do sendeirismo. Manolo González presentou a "Ruta dos carpinteiros cos pés mollados" que está pensada para achegar aos viaxeiros aos múltiples vestixios da Carpintería de Ribeira, actividade na que Outes foi expoñente principal de Galicia entre finais do século XIX e mediados do século XX. Do mesmo xeito, o alcalde presentou a experiencia "Vivir o Marisqueo" que se desenvolveu no ano 2019 de forma piloto e que pretenden amosarlles aos visitantes como se desenvolve a actividade marisqueira na nosa ría e que lles ofrece a posibilidade de degustar os nosos ben coñecidos bivalvos.