Axenda

Thumb xii antonio fraguas expo 2019

EXPOSICIÓN: XII CERTAME DE ARTESANÍA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

Dende este martes xa se pode visitar na Casa da Cultura de Outes a exposición que recolle algunhas das pezas que foron presentadas ao XII Certame de Artesanía Antonio Fraguas Fraguas promovido pola Deputación da Coruña.

Na mostra pode verse, ademais das obras premiadas, unha variedade de traballos de  cerámica, escultura ou costura.

Na Casa da Cultura de Outes, do 1 ao 30 de outubro.