Axenda

Thumb img axenda

SERVIZO DE MADRUGADORES

O Concello de Outes abre o prazo de inscrición no servizo de madrugadores aos nenos e nenas escolarizados no CEIP de Outes a partir do martes 20 de agosto.

O obxectivo deste servizo é facilitar a conciliación da vida familiar e laboral durante o curso escolar. Posibilitará que as familias poidan deixar aos seus fillos e fillas a cargo de monitorado especializado no centro escolar desde as 8:00 da mañá ata o inicio da clases.

Máis información e inscrición no Centro de Información ás Mulleres de Outes, Praza do Bosque, en horario de 9:00 a 14:00 horas, teléfono 981850949.