Axenda

Thumb img axenda

ESPAZOS DAS FAMILIAS. CURSO 2019/2020

O Concello de Outes, en colaboración coa asociación socio-educativa Antonio Gandoy, pon en marcha a actividade Espazos das familias para o curso 2019/2020. Trátase dun programa de formación de pais e nais de nenos e nenas de idades comprendidas entre os 0 e 3 anos (que non estean escolarizados) para dar resposta ás necesidades das familias en grupo e tamén mediante o asesoramento individual e presencial.

O prazo de inscrición estará aberto dende o 20 de agosto ata o 31 de decembro de 2019, podendo anotarse aqueles que estean interesados no rexistro xeral do Concello en horario de 9:00 h a 14:00 h. As inscricións serán aceptadas segundo a orde de entrada no rexistro.

O custo desta actividade será asumido na súa totalidade polo Concello de xeito que para as familias sexa un recurso educativo gratuíto.

Para mais información poden poñerse en contacto coa educadora familiar (teléfono 981 850 003).