Axenda

Thumb img axenda

EDUCACIÓN FAMILIAR: PROGRAMA DE REDUCIÓN DO ABANDONO ESCOLAR

O Concello de Outes pon en marcha as actividades para o verán 2019 dentro do programa de redución do abandono escolar. Dirixidas a rapaces e rapazas de educación primaria, ESO e tamén a maiores de 18 anos que desexen volver a incorporarse ao sistema educativo:

  1. ESCOLA DE VERÁN: Reforzo escolar para alumnos/as de educación primaria e ESO
  2. APRENDIZAXE POR PROXECTOS : Traballar mediante un proxecto tódalas competencias básicas fomentando hábitos de traballo eficientes: subliñado, facer esquemas, resumos, organización do estudo, etc.
  3. AULA DE ADULTOS: competencias clave e /ou clases preparatorias ESA

As actividades levaranse a cabo dende o 1 ata o 31 de agosto.

As persoas interesadas poderán anotarse durante todo o mes de xullo nas dependencias do Concello (educadora familiar), en horario de 9:00 h a 14:00 h

Descargar folla de inscrición