Axenda

Thumb expo litopareidolia 2019

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA: LITO PAREIDOLIA, UNHA MIRADA AOS MONTES DA PEDRA DO CADRO

Nos montes da Pedra do Cadro, no concello de Muros, atopamos bloques de granito con formas e figuras caprichosas que nos recordan a animais ou caras. Esta mostra de pareidolia natural é a que nos amosa Eduardo Cimadevila Niño na trintena de fotos que compoñen esta exposición.

Na Casa da Cultura de Outes, ata o 31 de xullo. A inauguración é o sábado 6 ás 21:00 horas.

Ver cartel