Axenda

Thumb vela veran 2019

CURSOS DE VELA. VERÁN 2019

O Concello de Outes oferta uns cursos de iniciación ou perfeccionando á navegación en vela e windsurf para os meses de xullo e agosto.

As datas dos cursos son:

1. Do 2 ao 6 de xullo
2. Do 8 ao 12 de xullo - Campaña de Vela da Deputación da Coruña
3. Do 16 ao 20 de xullo
4. Do 23 ao 27 de xullo
5. Do 30 de xullo ao 2 de agosto
6. Do 6 ao 10 de agosto
7. Do 13 ao 17 de agosto
8. Do 20 ao 24 de agosto
9. Do 27 ao 31 de agosto

Haberá dúas quendas: unha de mañá, de 10:00 a 14:00 horas, e outra de tarde, de 16:00 a 20:00 horas.

As persoas que desexen apuntarse deben cubrir o seguinte formulario:

formulario de inscrición para os cursos municipais

formulario de inscrición para a Campaña de vela da Deputación da Coruña

E entregalo na piscina municipal de Outes (horarios: de luns a venres de 8:30 a 13:30 e 17:00 a 23:00 horas; sábados 9:00 a 14:00 horas) ou ben enviar o formulario cuberto ao enderezo electrónico centronautico@outes.es. Unha vez confirmada a praza nos cursos de vela ou windsurf, terán que facer o pago das taxas municipais e máis o trámite do seguro ( www.fgvela.com).

Para poder participar nestes cursos hai que cumprir os seguintes requisitos:

  • Saber nadar con seguridade e confianza
  • Ter cumpridos ao inicio do curso 7 anos para a vela lixeira
  • Ter cumpridos ao inicio do curso 10 anos para o windsurf

O prazo de inscrición abrirase o 13 de maio. No caso de superar as prazas ofertadas en cada curso ou quenda, a participación nos cursos será por orde de inscrición.

Máis información nos teléfonos 616 324 098 / 981 850 165 ou no enderezo electrónico centronautico@outes.es.