Axenda

Thumb vida efemera 2019

EXPOSICIÓN: A VIDA EFÉMERA

Durante o mes de maio poderase visitar na Casa da Cultura a exposición de fotografía A vida efémera, da artista Teresa Charlín.

É esta unha exposición sobre a autenticidade e o efémero, un xogo visual de ambigüidades que nos mergulla nun Xardín do Eden para reflexionar sobre a igualdade e a sexualidade. Unha crítica á presión histórica que recae sobre as mulleres, resultado dunha sociedade patriarcal e sexista.

Na Casa da Cultura de Outes, do 3 ao 31 de maio.

Ver cartel