Axenda

Thumb estadias tempo libre 2019

ESTADÍAS DE TEMPO LIBRE

O Centro de Información ás Mulleres de Outes informa de estadías de tempo libre para mulleres que reúnan os seguintes requisitos:

  • Ter fillas e/ou fillos exclusivamente ao seu cargo con idades comprendidas entre os 2 e 12 anos.
  • Non convivir con parella afectiva.
  • Estar empadroada e ter residencia efectiva na Comunidade Autónoma de Galicia...

As estadías serán de entre sete e dez días en réxime de pensión completa, preferentemente entre finais do mes de xuño e principios do mes de setembro.

Os gastos de aloxamento, manutención, monitoras e transporte dende o seu concello de orixe serán gratuítos.

O prazo de solicitude é ata o xoves 2 de maio de 2019.

Máis Información e inscrición: CIM de Outes (Praza do Bosque s/n, teléfono: 981850949. Horario: de 9:00 a 14:00 horas)