Axenda

Thumb actividades semana santa 2019

SEMANA SANTA: PROGRAMA DE CONCILIACIÓN FAMILIAR

O Concello de Outes pon en marcha unha serie de actividades para os nenos e nenas para esta Semana Santa.

Os rapaces e rapazas de entre 8 e 12 anos poderán asistir á Ludoteca de Semana Santa, que terá lugar os días 15, 16 e 17 de abril, de 10:30 a 13:30 horas, na Casa da Cultura. O prazo para anotarse nesta actividade é do 8 ao 11 de abril na propia Casa da Cultura (teléfono 981850950).

Os nenos máis cativos (de 3 a 7 anos) poderán anotarse as actividades que organiza o Centro de Información ás Mulleres. Serán os días 15, 16 e 17 de abril, de 10:00 a 13:45 horas, no baixo do Centro Social. As inscricións faranse no CIM de Outes (teléfono 981 850 949) do 8 ao 11 de abril.

Ver cartel