Taboleiro de anuncios

LISTAS DE CONTRATACIÓN TEMPORAL DE XEROCULTORES E PERSOAL DE SERVIZOS XERAIS DA XUNTA DE GALICIA
18/03/2019

O concello de Outes, a través do Servizo de Orientación Laboral, informa que no Diario Oficial de Galicia do 18 de marzo, a Xunta de Galicia publica a Resolución do 7 de marzo de 2019, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se acorda a apertura de novas listas para a incorporación de solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia do grupo IV, categorías profesionais de xerocultor e de persoal de servizos xerais.

Ver anuncio completo

PROCESOS SELECTIVOS DA XUNTA E DO SERGAS
14/03/2019

O concello de Outes, a través do Servizo de orientación laboral, informa das seguintes convocatorias da Xunta e do Servizo Galego de Saúde:

  • Resolución do 1 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de persoal de servizos xerais (DOG do 7 de marzo de 2019). Prazo de inscrición: ata o 30 de abril de 2019.
    Ver anuncio no D.O.G.

  • Orde do 20 de febreiro de 2019 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG 25 febreiro 2019). Prazo de inscrición: ata o 26 de marzo de 2019.
    Ver anuncio no D.O.G.

  • Orde do 28 de febreiro de 2019 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais, subgrupo C2, nas especialidades de emisorista/vixilante fixo/a, bombeiro forestal-condutor motobomba e bombeiro forestal, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG 4 marzo 2019). Prazo de inscrición: ata o 02 de abril de 2019.
    Ver anuncio no D.O.G.

  • Orde do 5 de marzo de 2019 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG 11 marzo 2019). Prazo de inscrición: ata o 09 de abril de 2019.
    Ver anuncio no D.O.G.
LISTAS PARA A CONTRATACIÓN TEMPORAL DE PERSOAL LABORAL E INTERINO DA XUNTA DE GALICIA
04/03/2019

A oficina de Orientación Laboral de Outes anuncia que a Xunta de Galicia vén de publicar unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 28 de febreiro de 2019 pola que acorda a apertura de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia e o nomeamento de persoal funcionario interino correspondente a determinados grupos, categorías, corpos e escalas ou especialidades.

As persoas interesadas poderán presentar solicitude de inclusión entre o 1 de marzo e o 15 de xullo deste ano (ambos inclusive).

Ver anuncio completo

CONTRATACIÓN DUN FUNCIONARIO/A INTERINO/A
21/02/2019

O Concello de Outes informa da creación dunha bolsa de emprego para a contratación dun funcionario ou funcionaria interina por acumulación de tarefas. A praza referida prestará apoio aos Departamentos de Secretaría e Intervención.

Poden consultarse as bases da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña do 21 de febreiro de 2019.