Taboleiro de anuncios

CONVOCATORIA DAS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO CELGA
01/04/2019

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convocou as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2019.

A resolución pode verse premendo na seguinte ligazón:  https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190325/AnuncioG0535-200319-0005_gl.html

O prazo para presentar solicitudes é do 26 de marzo ao 25 de abril de 2019, ambos incluídos.

Máis información no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Outes
Enderezo electrónico: normalizacion@outes.es
Teléfono: 981 85 00 03

CURSOS PREPARATORIOS DAS PROBAS CELGA
28/03/2019

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convocou os cursos preparatorios das probas Celga 1, 2, 3 e 4, nas modalidades presencial, que se corresponden cos niveis 2, 3 e 4 e de teleformación correspondentes cos niveis 1, 3 e 4.

As persoas interesadas dispoñen até o día 8 de abril para realizar a súa inscrición.

A información pode verse no Diario Oficial de Galicia do martes 19 de febreiro de 2019 ou premendo na seguinte ligazón  https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190219/AnuncioG0535-060219-0001_gl.pdf

Máis información no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Outes
Enderezo electrónico: normalizacion@outes.es
Teléfono:981 85 00 03

ESTRATEXIA DE SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL
12/01/2017

O Concello de Outes publica a ESTRATEXIA DE SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL COA FINALIDADE DE INTEGRAR A ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO NA XESTIÓN E PLANIFICACIÓN DO CONCELLO.

Logo PDF Ver documento