Anuncio

CURSOS PREPARATORIOS PARA OS CELGA E CURSO DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca os cursos preparatorios para os Celga e os cursos de linguaxe administrativa galega que se desenvolverán, de maneira presencial, nas Escolas Oficiais de Idiomas.

Os períodos de inscrición van do 1 ao 10 de setembro de 2022 para cursos do primeiro cuadrimestre e do 3 ao 13 de xaneiro de 2023 para cursos do segundo cuadrimestre.

Para máis información, consulta o  Diario Oficial de Galicia nº 157 do 19 de agosto de 2022 ou contactar co Servizo de Normalización Lingüística.