Anuncio

PROGRAMA BONO COIDADO 2022: AXUDAS ECONÓMICAS ÁS FAMILIAS PARA A CONCILIACIÓN EN SITUACIÓNS PUNTUAIS E PERÍODOS DE VACACIÓNS ESCOLARES.

O Concello de Outes informa de que está aberto o prazo para a solicitude de axudas económicas para a conciliación en situacións puntuais e períodos de vacacións escolares a través do programa Bono Coidado (código de procedemento BS412A).

As axudas están destinadas ó pagamento do importe de servizos de atención á infancia, ben por situacións puntuais de necesidade coa contratación de persoal ou servizos de atención á infancia no domicilio, ou ben coa asistencia a servizos autorizados de conciliación (ludotecas, espazos infantís) e/ou a campamentos nos períodos de vacacións escolares.

Poderán ser beneficiarias as familias con nenos e nenas residentes en Galicia de ata doce anos de idade, estes incluídos, para a atención de necesidades de conciliación producidas entre o 1 de xaneiro e o 14 de setembro de 2022. O prazo de presentación de solicitudes finalizará o día 30 de setembro de 2022.

Para mais información: teléfono 981 850 003 (Juana).

Bases da convocatoria  DOG nº130 08/07/2022