Anuncio

OBRADOIRO DE EMPREGO “NOIA-LOUSAME-OUTES 2022”

A Consellería de Emprego e Igualdade acaba de aprobar o desenvolvemento do Obradoiro dual de Emprego, promovido polos Concellos de Noia, Lousame e Outes, denominado “NOIA-LOUSAME-OUTES 2022”. Trátase dun programa mixto de emprego e formación que terá unha duración de 12 meses, cunha etapa de formación en alternancia co traballo ou práctica profesional, dirixida á aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional de 20 persoas.

A especialidade formativa deste obradoiro será a de Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas onde o alumnado recibirá formación teórica e práctica para o desempeño das tarefas de forestación e reforestación, así como a realización de tratamentos silvícolas e a protección e defensa das masas forestais.

A data prevista de inicio é o 19 de setembro de 2022. As persoas interesadas deberán solicitalo de forma presencial na Oficina de Emprego de Santiago Norte (con cita previa) ou apuntarse a través da web https://emprego.xunta.gal  -> Oficina virtual -> Obradoiros de emprego.

 A data límite para efectuar a solicitude é o día 17 de agosto.