Anuncio

CONVOCATORIA DAS PROBAS CELGA

A Xunta abre o prazo para inscribirse nas probas que permiten obter os certificados oficiais que acreditan os niveis de coñecemento da lingua galega, os Celga. A realización das probas dos Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 está prevista para os meses de maio e xuño en Santiago de Compostela e Ponferrada. As datas concretas das probas así como os lugares exactos para facelas publicaranse máis adiante no Diario Oficial de Galiza (DOG) e no Portal da Lingua Galega (lingua.gal).

O prazo para matricularse vai do 21 de marzo ao 8 de abril de 2022.

Máis información https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PL500C&ano=2022&numpub=1&lang=gl