Anuncio

PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA: SOLICITUDES DE RENOVACIÓN E NOVO INGRESO PARA O CURSO 2022/2023

O concello de Outes publicou no  BOP do venres 25 de febreiro de 2021 o procedemento de renovación, novo ingreso, admisión e matrícula de persoas usuarias do Punto de Atención á Infancia para o curso 2022/2023.

O prazo de presentación de solicitudes de renovación de praza será entre o 4 e o 11 de marzo de 2022, ambos inclusive. O prazo de presentación de solicitudes de novo ingreso será do 21 de marzo ó 13 de abril de 2022, ambos inclusive.

Ditas solicitudes poden presentarse por medios electrónicos, a través da sede electrónica do Concello ( https://outes.sedeelectronica.gal), ou de xeito presencial, solicitando cita previa coa educadora familiar do Concello nos teléfonos  637 063 653  ou 981 850 003.

Pode consultarse o procedemento de renovación, novo ingreso, admisión e matrícula de persoas usuarias e máis descargar o impreso de solicitude de praza no  apartado web do P.A.I.

Máis información no Punto de Atención á Infancia e/ou educadora familiar do Concello.