Anuncio
CONVOCATORIA DE CURSOS DE LINGUA GALEGA
A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca os cursos voluntarios e gratuítos de preparación das probas dos Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.
Cursos presenciais:
Haberá cursos presenciais na Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. Celebraranse en sesións de dúas horas e media, de luns a xoves, entre o 21 de marzo até o 12 de maio. Con carácter xeral, cada curso terá unha duración de 70 horas lectivas.
Cursos de teleformación:
Haberá tamén cursos na modalidade de teleformación entre o 21 de marzo e o 12 de maio co seguinte número de prazas:
- Celga 1: 150 prazas
- Celga 2: 150 prazas
- Celga 3: 180 prazas
- Celga 4: 390 prazas
Prazo de inscrición: estará aberto até o 7 de marzo.
As persoas que desexen participar nestes cursos deberán acceder ao enderezo electrónico https://formacion-lingua.xunta.gal
Para dúbidas e máis información contactar co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Outes no enderezo electrónico normalizacion@outes.gal ou chamar ao teléfono 981 85 00 03 e preguntar por Luís.
Ligazón ao Diario Oficial de Galiza https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220214/AnuncioG0598-260122-0002_gl.html