Anuncio

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS A FAMILIAS DE ESPECIAL CONSIDERACIÓN PARA ESTADÍAS DE FIN DE SEMANA NA ESTACIÓN DE MONTAÑA DE MANZANEDA

O Concello de Outes informa que está aberto o prazo para a solicitude de prazas para estadías de fin de semana a familias de especial consideración dentro do programa Montaña en familia na estación de montaña de Manzaneda para o ano 2021.

Poderán ser beneficiarias deste programa as seguintes familias de especial consideración residentes na Comunidade Autónoma de Galicia: familias numerosas, familias monoparentais, familias acolledoras, familias vítimas de violencia de xénero.

Convócanse 600 prazas (individuais) para participar do programa durante as fins de semana do mes de novembro e as dúas primeiras do mes de decembro. As estadías comprenden desde o venres pola noite ata o domingo ao mediodía.

Cada unidade familiar poderá presentar, a través dunha persoa que a represente, unha solicitude para a adxudicación de prazas preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ( https://sede.xunta.gal) ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

A data límite de presentación de solicitudes é o vindeiro 15 de novembro de 2021.

Máis información no despacho da Educadora Familiar ou no tfno 981850003 (Juana).

 Bases da convocatoria no DOG do 29/10/2021