Anuncio
CURSOS DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA E CURSOS PREPARATORIOS PARA OS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA (CELGA)
A Secretaría Xeral de Política Lingüística publicou no Diario Oficial de Galiza (DOG) a convocatoria de cursos en liña de linguaxe administrativa de nivel medio e superior e os cursos preparatorios para o Celga (2021/2022).
Estes cursos son de balde e impartiranse entre outubro de 2021 e maio de 2022, en horario de mañá ou de tarde.
O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá desde o día 1 ata o 10 de setembro de 2021, para os cursos do primeiro cuadrimestre (outubro-xaneiro), e desde o 4 ata o 14 de xaneiro de 2022, para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio).
Para máis información consultar o DOG Núm. 155, chamar ao teléfono 981 850 003 ou escribir a normalizacion@outes.gal