Anuncio

ESTADÍAS DE TEMPO LIBRE

O Centro de Información ás Mulleres de Outes informa da publicación no DOG nº 100, luns 31 de maio do 2021, da  Resolución da Secretaria Xeral da Igualdade da convocatoria  das estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas.

BENEFICIARIAS

  • Ter fillas/os exclusivamente ao seu cargo con idades comprendidas entre 2 e  12 anos.
  • Non convivencia coa parella afectiva.
  • Ter residencia nalgún dos concellos galegos.

DURACIÓN

  • As estadías serán entre 7 e 9 días, preferentemente entre finais do mes de xuño e principios de setembro
  • As axudas cobren os gastos de aloxamento en réxime de pensión completa e traslado de ida e volta desde o seu concello de residencia.
  • As estadías terán lugar dentro de Galicia.

PRAZO DE PRESENTACIÓN SOLICITUDES

  • Ata mércores  30 de xuño de 2021

MÁIS INFORMACIÓN  E PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

  • Centro de Información ás Mulleres de Outes. (Praza do Bosque s/n - Teléfono 981850949 - Horario de 9:00 a 14:00 h)