Anuncio

CONVOCATORIA DE PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA, NIVEIS CELGA 1, 2, 3 E 4

O Concello de Outes informa de que a Consellaría de Cultura, Educación e Universidade convoca as probas para obter os certificados de lingua galega dos niveis 1, 2, 3 e 4. As probas terán lugar nos meses de maio e/ou xuño de 2021, sempre que a evolución da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 o permita. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galiza, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística ( http://www.lingua.gal).

As localidades onde se van realizar as probas son Santiago de Compostela e Ponferrada.

O prazo de presentación de solicitudes poderá facerse até o 8 de abril de 2021 e haberá que efectuar o pagamento da taxa correspondente que é de 16,59 euros.

 Ligazón para presentar a solicitude ou descargar os documentos

Para máis información consultar o  Diario Oficial de Galiza (DOG) ou contactar co Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Outes a través do teléfono 981 850 003 ou no enderezo electrónico normalizacion@outes.gal