Anuncio
OFERTA DE EMPREGO: OPERARIO/A DE ALMACÉN.
Empresa do sector da construción precisa cubrir un posto de OPERARIO/A DE ALMACÉN.
A persoa candidata terá que ter os seguintes coñecementos/perfil:
- Manexo de programas de ofimática (Excel, Word, etc) e correo electrónico.
- Coñecementos de xestión de almacén, compra de materiais, control de stock.
- Control e mantemento de equipos auxiliares. Revisión de extintores, escaleiras, ferramentas, etc.
- Manexo de carretilla elevadora, carga e descarga.
- Preparación de material para os distintos traballos.
- Curso básico de PRL (60 Horas)
- Persoa dinámica, organizada, responsable e comprometida co traballo e a empresa.
A contratación, nun principio, será por un periodo de 3 anos cun horario de traballo de 07:30 a 15:30 horas. O centro de traballo está situado en Noia aínda que en determinadas ocasións a persoa contratada terá que desplazarse a Cee.
As persoas interesadas neste posto poden enviar o seu currículum ao seguinte enderezo de correo: 1131rrhh@gmail.com