Anuncio

BOLSAS DE TRANSPORTE ESCOLAR 2020/2021

O Concello de Outes comunica a todos os estudantes empadroados nel, e que estean realizando estudos fóra do municipio, que poden solicitar axudas para o transporte escolar dende calquera punto do concello ata o seu lugar de ensino.

Para isto cómpre que sexan ensinanzas non obrigatorias dentro do ensino regrado (ciclos formativos, bacharelato ou universidades) que non estean establecidas no noso concello.

O prazo de solicitude é de 20 días hábiles dende a publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

 Ver bases no BOP da Coruña

 Descargar impreso para a solicitude