Anuncio

OBRADOIRO DE EMPREGO: BASES DE SELECCIÓN

O Concello de Outes publica a resolución da aprobación das bases de selección do alumnado-traballador e equipo directivo, docente e de apoio do obradoiro de emprego OUTES-NOIA-LOUSAME 2020.

A persoa interesada en participar como alumna neste obradoiro debe:

  • Ser maior de 18 anos
  • Estar inscrita como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG).
  • Ter solicitado no SPEG o obradoiro de emprego.

Ademais, debe cumplir algún dos seguintes requisitos de acceso:

  • Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.
  • Certificado de profesionalidade de nivel 2.
  • Certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional (Agraria).
  • Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou ben ter superadas as correspondentes probas de acceso reguladas polas administracións educativas.
  • Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e/ou de 45 anos.
  • Ter superado as competencias clave.

As persoas interesadas en formar parte do equipo directivo, docente ou de apoio do obradoiro de emprego tamén terán que figurar inscritas no SPEG e ter solicitada a correspondente ocupación.

A solicitude de persoas candidatas a oficina de emprego realizarase o próximo luns 30 de novembro.

Unha vez recibida a listaxe de solicitantes contactarase coas persoas candidatas para informalas da documentación que deben presentar e o día e hora da selección.

Para máis información ou ante calquera dúbida, pode contactar coa orientadora laboral no teléfono 981 850 003 ou no enderezo de correo: orientacion.laboral@outes.gal

 Ver bases de selección