Anuncio

XORNADA INFORMATIVA: AXUDAS “OUTES RECUPERA”

Con motivo do inicio do prazo de convocatoria das axudas “Outes Recupera” para autónomos e empresas, o Concello a través da Axencia de Desenvolvemento Local, organiza para o vindeiro martes 3 de novembro ás 20:00 horas no salón de actos da Casa da Cultural unha xornada informativa.

Nesta mesma xornada tamén daremos información das axudas da Deputación da Coruña PEL REACTIVA e que xestionaremos dende o Concello.