Anuncio
AXUDAS OUTES RECUPERA
O Concello de Outes informa que no BOP do 27 de outubro sae publicada a apertura da convocatoria para que as empresas do Concello poidan solicitar as axudas para contribuír a paliar a crise provocada polo COVID-19.
O prazo vai do 28 de outubro ata o 17 de novembro e realizarase a través da sede electrónica do Concello.
Para mais información podedes contactar con Carlos Rodríguez, axente de Desenvolvemento Local, no teléfono 981 850 003 ou no móbil 652 874 291.