Anuncio

INFORMACIÓN DE CURSOS DO CONCELLO DE CARNOTA

Dende o Departamento de Promoción Económica do concello de Carnota infórmannos da realización, xunto coa Fundación Laboral da Construción, dos seguintes cursos:

  • Prevención de Riscos Laborais en construción: nivel básico de  60 horas de duración, do 17 ao 30 de novembro.
  • PRL para operadores de aparatos elevadores: 6 horas de duración, o 1 de decembro.

Os cursos terán lugar no edificio Domus, en Lira en horario de 8:00 a 14:30 horas

Para formalizar a inscrición deben presentar cuberta a folla de inscrición e fotocopia de DNI no Departamento de Promoción Económica no Concello de Carnota.

Máis información e inscricións:

  • Departamento de Promoción Económica no Concello de Carnota
  • Contacto: María Dolores Pena. Tlfn: 672 304 753 / 981 857 032
  • Correo-e: dolores.pena@carnota.gal