Anuncio

PROGRAMAS DE AXUDAS DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

O Concello de Outes informa das seguintes axudas da Deputación da Coruña:

PEL RELEVO. DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Axudas para o relevo xeracional a través da contratación indefinida de mozos e mozas que estean inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Só para empresas que conten cun negocio potenciador da economía verde, azul, circular ou ter implementadas medidas de desenvolvemento sustentable.

Contía: SMI x 0,5 x nº meses. Máximo 12 meses. SMI 2020: 950 €/mes con 14 pagas.

Prazo presentación: ata 31 de agosto de 2020.

 

PEL RURINNOVA. DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Axudas para o emprendemento de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Facilitar o autoemprego da mocidade no eido rural.

Iniciativas empresariais que conten cun negocio potenciador da economía verde, azul, circular ou ter implementadas medidas de desenvolvemento sustentable.

Contía: SMI x 0,75 x nº meses. Min: 6 meses. Máx: 12 meses. SMI 2020: 950 €/mes con 14 pagas.

Prazo presentación: ata 31 de agosto de 2020.