Anuncio

APÚNTATE Á COMPOSTAXE DOMÉSTICA

O Concello de Outes aposta polo medioambiente, nesta ocasión adheríndose ó programa de compostaxe doméstica de SOGAMA.

A compostaxe é o proceso de descomposición biolóxica da materia orgánica xerada no fogar, obtendo un produto final, o compost, que pode ser utilizado como abono nos propios xardíns e hortas das vivendas que o fabrican.

A compostaxe axudará a reducir unha fracción dos restos que depositamos nos contedores verdes, esta é a fracción de lixo da que se producen máis toneladas anuais e a que supón maior custo económico tanto en transporte como en tratamento. Arredor dun 42% do lixo diario que produce cada fogar está formado por materia orgánica que pode ser utilizada para elaborar compost.

Vantaxes que ofrece a compostaxe doméstica para o produtor doméstico son:

  • Minoración do uso de fertilizantes de orixe química
  • Descenso do número de desprazamentos ó contedor do lixo
  • Redución dos cheiros dos contedores e da proliferación de insectos

Vantaxes da compostaxe doméstica para o servizo de recollida de lixo (se unha porcentaxe importante da poboación practica a compostaxe):

  • Minoración da frecuencia de recollida dos contedores de fracción resto
  • Diminución do custo económico da xestión e tratamento deste residuo (fracción resto)
  • Redución dos cheiros dos contedores e da proliferación de insectos

Nesta primeira fase de implantación do programa de compostaxe doméstica en Outes repartiranse 25 composteiros cedidos por SOGAMA, acompañados dun manual de compostaxe doméstica. Para maximizar o éxito do programa, este vai acompañado dun seguimento do funcionamento do composteiro durante o primeiro ano, con posibilidade de prorrogalo.

Os interesados deberán contactar co Concello, a través do 981 850 003, para solicitar entrar no programa.