Anuncio

EDUCACIÓN SECUNDARIA PARA PERSOAS ADULTAS

O Concello de Outes informa de que está aberto o prazo para a matriculación na Educación Secundaria para adultos.

Lugar: IES Poeta Añón

Horario: nocturno

A Educación Secundaria permite:

  • Acceder a determinados postos de traballo e a ciclos formativos.
  • Dispoñer do título de lingua galega Celga 3. Este nivel é necesario para certos postos da administración pública e/ou participar en cursos de formación.
  • Actualizar e ampliar os teus coñecementos.
  • Favorecer a interacción social con outras persoas.

O prazo de matrícula está aberto até o 15 de setembro de 2020.

Máis información na páxina  edu.xunta.gal/centros/iespoetaanon ou no teléfono 881 86 62 21.