Anuncio

REAPERTURA DAS OFICINAS DE EMPREGO DE GALICIA

O Servizo de Orientación Laboral informa que a Xunta reabre ao público o vindeiro 1 de xullo as 54 oficinas de emprego de Galicia

Co obxectivo de garantir un axeitado control de aforo e acceso e organizar de forma axeitada os servizos á cidadanía, a atención presencial será no horario habitual de 9:00 a 14:00 horas e realizarase exclusivamente a través do sistema de cita previa. As citas poderán solicitarse a partir da última semana de xuño por calquera persoa interesada, a través do Portal de Emprego Galicia (emprego.xunta.gal) ou do servizo de atención telefónica 012. Ademais, a renovación automática da demanda estenderase ata o vindeiro 30 de setembro, deste xeito evitaranse desprazamentos innecesarios das persoas demandantes de emprego.

Emprego Galicia seguirá a fomentar e ampliar os seus servizos non presenciais, a través do Portal de Emprego e a aplicación MOBEM, entre os que destacan a obtención de informes asinados dixitalmente sobre a demanda de emprego, a solicitude de servizos, cursos de formación e adscrición a ofertas de emprego, ou a posta en marcha dunha nova oficina virtual para empresas.