Anuncio

AXUDAS: BONO COIDADO EXTRAORDINARIO

O Concello de Outes informa que a Consellería de Política Social abre hoxe o prazo para solicitar as axudas do programa BONO COIDADO EXTRAORDINARIO.

Son axudas económicas ás familias con nenos e nenas de ata doce anos de idade e que teñan a súa residencia en Galicia, para a conciliación da vida familiar e laboral durante o tempo de suspensión de actividade nas escolas infantís 0-3 e centros de ensino non universitario, como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19 (código de procedemento BS900C).

Máis información no  D.O.G. do 12 de xuño ou no Concello (981 850 003-Educadora familiar)

Solcitude, a través da  sede electrónica da Xunta