Anuncio

REANUDACIÓN DO PRAZO DE INSCRICIÓN NAS PROBAS DE COMPETENCIAS CLAVE

O Servizo de Orientación Laboral do Concello informa que se reanuda o prazo de presentación de solicitudes para as probas de avaliación en competencias clave que permiten acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación.

A superación destas probas permite que aquelas persoas que non teñan a titulación esixida poidan acceder a formación para o emprego de nivel 2 ou 3.

O prazo de inscrición estará reactivado no período comprendido entre o 1 e o 9 de xuño do 2020 (ambos días inclusive).

Máis información na páxina web da Consellería de Economía, Emprego e Industria

Ou chamando ao concello ao teléfono 981 850 003