Anuncio

CONVOCATORIA PARA CONTRATAR PERSOAL TEMPORAL NO MARCO DO PLAN DE INTEGRACIÓN LABORAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA, ANUALIDADE 2020

O Concello de Outes anuncia a convocatoria de selección para contratar en réxime laboral temporal, durante cinco meses a xornada completa, a 5 operarios de servizos múltiples para a brigada municipal de obras e servizos.

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o luns 1 de xuño de 2020 e rematará o vindeiro venres, día 12 de xuño, de xeito presencial e/ou a través da sede electrónica do Concello: https://outes.sedelectronica.gal

Tendo en conta as limitacións impostas pola crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 os/as interesados/as que desexen presentar as solicitudes de xeito presencial deberán pedir cita no teléfono 687 854 447 en horario de 9:00h a 14:00h. Para garantir o correcto servizo do rexistro presencial o prazo de solicitude da cita previa rematará o mércores 10 ás 14:00 h.

Ver bases da convocatoria.