Anuncio

COMPETENCIA DIXITAL OFIMÁTICA (CODIX)

O Concello de Outes informa que a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) publicou no DOG do día 28 de maio a convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación.

Esta certificación acredita 190 h de ofimática que se corresponden coas aplicacións informáticas que compoñen o MF0233_2 «Ofimática» baixo o paquete de LibreOffice.

Para acceder a este curso os únicos requisitos necesarios son ser maior de 16 anos, estar dado de alta como usuarios da rede CeMIT e abonar a taxa correspondente aos dereitos de exame -ou xustificar a súa exención.

O curso de preparación impártese na modalidade de teleformación con titorías de apoio, polo que soamente será necesario contar cun ordenador persoal e conexión a internet para seguir a formación. Para acadar esta certificación é preciso superar un exame presencial que se realizará, unha vez rematado o curso, en Santiago de Compostela e, polo menos, nunha aula CeMIT de cada provincia, segundo a dispoñibilidade e as datas que se establezan.

Solicitudes e prazo:

A preinscrición neste curso realizarase exclusivamente a través de internet, por medio dunha ligazón que figurará na web da rede CeMIT https://cemit.xunta.gal

O prazo de inscrición será dende o 29 de maio ata o 04 de xuño.

As persoas admitidas provisionalmente deberán aboar no prazo de cinco días hábiles desde a data da publicación na web da relación provisional a taxa de 10,63 euros correspondente aos dereitos de exame, sendo excluídas aquelas persoas que non aboen a taxa ou non xustifiquen a exención da mesma (demandantes de emprego antes da publicación da convocatoria ou persoas con discapacidade >=33%)

MÁIS INFORMACIÓN: https://cemit.xunta.gal/inicio

ou contactar coa orientadora laboral:
Casa do Concello
Horario: de 08:00 a 15:00 h
Teléfono: 981 85 00 03
e-mail: orientacion.laboral@outes.gal