Anuncio

APERTURA DO PRAZO DE SOLICITUDE DE NOVO INGRESO E DE MATRÍCULA DE PERSOA USUARIAS DO P.A.I. DE OUTES

O Concello de Outes informa que o prazo de presentación de solicitudes de novo ingreso e de matrícula de persoas usuarias do punto de atención á infancia (P.A.I.) de Outes, restablécese polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 1 de xuño de 2020 e rematará o día 12 do mesmo mes.

As solicitudes poden presentarse de xeito telemático, a través da sede electrónica do Concello (https://outes.sedelectronica.gal), ou de xeito presencial no despacho da educadora familiar do Concello, solicitando cita previa no número de teléfono 981 850 003 en horario de 9:00 h a 14:00 h de luns a venres.

Decreto de alcaldía de continuación do procedemento

Máis información

  Descargar solicitude