Anuncio
MEDIDAS ADOPTADAS POLO SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO PARA AS PERSOAS DEMANDANTES DE EMPREGO
O Servizo de Orientación Laboral informa que como consecuencia da situación xerada pola evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19 e co obxectivo de minimizar o seu impacto nas persoas demandantes, Emprego Galicia adoptou as seguintes medidas:
- NON será necesario renovar a demanda de emprego ata o 30 de xuño de 2020.
- NON se dará de baixa ás persoas estranxeiras que teñan pendente a renovación dunha autorización administrativa ou estean pendentes de presentar algunha documentación xustificativa.
- NON se esixirá a acreditación da busca activa de emprego (BAE) na solicitude do subsidio extraordinario ou renda activa de inserción.
- Quedan suspendidas as citas presenciais de orientación laboral. O teu persoal de orientación, poderá contactar contigo, de ser o caso, para citas de seguimento telefónico.
- Quedan aprazadas, mentres dure a suspensión das actividades educativas, as accións de formación profesional para o emprego xestionadas ou financiadas pola Xunta de Galicia, as prácticas non laborais, os obradoiros de emprego e os programas integrados de emprego.
Para máis información ou ante calquera dúbida, pode contactar coa orientadora laboral de luns a venres en horario de 09:00 a 14:00 h.
Teléfono: 687 854 447
Enderezo electrónico: orientación.laboral@outes.gal