Anuncio
FORMAS DE CONTACTO CO SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO ESTATAL (SEPE)
- Teléfonos de contacto fixos e provincias e liñas 901 que figuran na
páxina web do SEPE
- Cita previa na web do SEPE :
MOI IMPORTANTE!
De acordo coa información facilitada polo SEPE, a atención ás persoas interesadas en facer unha consulta, solicitar unha prestación/subsidio por desemprego ou facer trámites relacionados con estes, realizarase a través do sistema de cita previa virtual, ao que se pode acceder no seguinte enlace:
sede.sepe.gob.es/contenidosSede/generico.do?pagina=proce_ciudadanos/cita_previa.html
Unha vez solicitada a cita NON hai que acudir á oficina de prestacións; os xestores do SEPE poñeranse en contacto coa persoa interesada. É necesario encher o campo do correo electrónico no resgardo do recordatorio da cita.
POR FAVOR! Fai un uso responsable deste sistema e, antes de solicitar a túa cita, consulta as medidas adoptadas de oficio en relación ás prestacións e subsidios:
NON pida cita se está incluído en ERTES como consecuencia do Coronavirus. O procedemento iniciarase mediante solicitude da súa empresa.