Anuncio

DECRETO DE ALCALDÍA: SUSPENSIÓN DE COBROS

O Concello suspende o cobro das taxas e prezos públicos daquelas actividades que foron suspendidas como consecuencia da declaración do estado de alarma. Isto afecta as seguintes actividades:

  • Escola de música
  • Actividades culturais e deportivas
  • Complexo deportivo e piscina municipais
  • Actividades do centro social

Tamén se procederá á devolución ou compensación dos importes que se tivesen aboados e se corresponda co período que abrangue dende a suspensión das actividades ata o levantamento do estado de alarma.

Ver decreto