Anuncio

PROGRAMA DE AXUDAS PARA A CONCESIÓN DAS ESTADÍAS DE TEMPO LIBRE PARA MULLERES SOAS CON RESPONSABILIDADES FAMILIARES

O Concello de Outes informa que está aberto o prazo para a solicitude de estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas. Consiste na convocatoria de 90 prazas para mulleres con fillos/as menores e/ou menores en acollida, exclusivamente ao seu cargo, cunha duración de entre 7 e 9 días, en réxime de pensión completa que se van desenvolver preferentemente entre finais do mes de xuño e principios do mes de setembro.

Para mais información dirixirse á Educadora Familiar no Concello ou no tfno 981850003 (Juana).

Ver resolución no D.O.G.