Anuncio

SUBVENCIÓNS DA DEPUTACIÓN 2020

O Concello de Outes informa da apertura de varias convocatorias da Deputación da Coruña de subvencións a entidades privadas sen ánimo de lucro para o presente ano 2020:

  • FO213-FO214: Corais polifónicas, bandas de música populares, entidades de música e baile tradicional galego e formacións musicais de grande formato para o desenvolvemento de actividades e investimentos culturais
  • FO203-FO204: Entidades para realizar actividades e investimentos culturais
  • FO28/FO/29: Entidades agrarias, labregas. Gandeiras, forestais e asociacións de cazadores para actividades e investimentos.
  • FOENAA-FOENIA: Entidades para realizar actividades e investimentos de promoción económica
  • FO27A: Fomento pesqueiro dirixido ás confrarías de pescadores e agrupacións de mariscadoras para actividades
  • DP0030: Asociacións, mancomunidades e consorcios turísticos para actividades turísticas.
  • FO103A: Entidades para realizar actividades de fomento da actividade física e do deporte.
  • FO103B-FO103C: Clubs deportivos da provincia con equipos de deportistas en competicións federadas.
  • FO103D: Entidades deportivas para o desenvolvemento de grandes eventos deportivos singulares.
  • FO104: Entidades deportivas para infraestruturas e equipamento deportivo.

Para informar dos requisitos, obxectos subvencionables, prazos e demais trámites a realizar de cara á solicitude e posterior xustificación de ditas subvencións vaise celebrar unha charla informativa dirixida a tódalas entidades privadas sen ánimo de lucro con domicilio no Concello de Outes - (asociacións culturais, de veciños, xuvenís, amas de casa, ANPAs, turísticas, clubs e asociacións deportivas, de cazadores, corais polifónicas, grupos de baile tradicional...) - o vindeiro sábado, 22 de febreiro, ás 10:00h na Casa do Concello de Outes

Máis información: Concello de Outes (Juana)- Teléfono: 981 850 003