Anuncio

COMPETENCIA DIXITAL OFIMÁTICA (CODIX)

O Servizo de Orientación Laboral informa de que a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) ten previsto abrir o martes 4 de febreiro o prazo de inscrición no curso de teleformación para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática. Así se recollerá na convocatoria que ten previsto saír publicada o próximo luns 3 de febreiro no Diario Oficial de Galicia con 180 prazas para o curso preparatorio previo ao exame presencial que terá lugar no mes de maio.

Ver anuncio completo