Anuncio

AXUDAS PARA A CONTRATACIÓN E O FOMENTO DO EMPREGO

O Concello de Outes informa das seguintes axudas para a contratación e o fomento do emprego:

Programa de subvencións para a contratación de persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social

Orde do 20 de novembro de 2019 publicada no DOG de 7 de xaneiro de 2020 pola que se regulan as axudas á contratación por conta allea de persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social ás empresas calquera que sexa a sua forma xurídica.

Ver anuncio no DOG

Programa de subvencións para a contratación de persoas desempregadas de longa duración

Orde do 21 de novembro de 2019 publicada no DOG de 7 de xaneiro de 2020 pola que se regulan as axudas á contratación de persoas desempregadas de longa duración ás empresas calquera que sexa a sua forma xurídica.

Ver anuncio no DOG

Programa de subvencións Emprega Muller

Orde do 20 de novembro de 2019 publicada no DOG de 7 de xaneiro de 2020 pola que se regulan as axudas do Programa Emprega Muller para a contratación por conta allea e a formación de mulleres desempregadas para empresas calquera que sexa a sua forma xurídica.

Ver anuncio no DOG

Programa de subvencións Emprega Xuventude

Orde do 20 de novembro de 2019 publicada no DOG de 7 de xaneiro de 2020 pola que se regulan as axudas do Programa Emprega Xuventude para a contratación de persoas mozas desempregadas para empresas calquera que sexa a sua forma xurídica.

Ver anuncio no DOG

Subvencións para o fomento do emprendemento en economía social. Programa Aprol-Economía Social.

Orde do 5 de decembro de 2019 publicada no DOG de 10 de xaneiro de 2020 pola que se regulan as axudas do Programa Aprol-Economía Social para o fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais e o fomento do acceso á condición de persoa socia traballadora ou de traballo, de cooperativas ou sociedades laborais, así como o acceso de persoas emprendedoras por conta propia á condición de socias de cooperativas.

Ver anuncio no DOG